Apocalipse do porco

20 fevereiro 2006

Isolacionismo

¿Algún sabe o que é o isolacionsimo?

Parecevos mal que vos digan: És un isolacionista sen remedio.

E, ¿sabedes o que é o reintegracionismo?

Iso soavos mais, ¿non si?

Pois o isolacionismo é a teoría, doutrina, ou postura política ou ideolóxica contraria ó reintegracionismo.

Nos anos que levamos de democracia, o tema da língua non foi moi debatido nos medios de comunicación. E cando os escoitas (ós que falan, que outros berran) descobres que nin están tolos nin deixan de ter a súa parte de razón.

Hai pouco estivo na TVG Carlos Figueiras, voceiro do Movimento Defesa da Língua (MDL)
Está ben, cando menos poder escoitalo. Se queredes, premede na fotiño. para o ver en formato .wmv

Xa para os mais afoutados está o portal da AGAL, cunha chea de materiais falando do tema. (Só llo recomendo ós que teñan bastante interese, o contido é denso)

O malo de entrar é que, se cadra, medranvos os cornos e o rabo

1 Aportacións dos visitantes:

  • Fai moito tempo que a maioría de nos temos cornos, rabo e algún incluso temos un lixeiro cheiro a xofre. En fin nunca está demáis que che recorden a onde vamos ir a parar.
    aser

    Por Anonymous Anónimo, ás 21/2/06 20:55  

Enviar um comentário

<< Home


 
ecoestadistica.com