Visitantes
O contador é unha boa cousa que teñen os blogues.
Cando non deixan comentarios, os visitantes non deixan pegada do seu paso. Non sabes se alguén está a ler o que dis.
Ainda que cada un terá as súas razóns para adicarlle o tempo ó seu blogue, hai unha cousa supoño que común a case todos: queres que alguén vexa o que estás a facer. Pode ser que queiras que o vexan os teus amigos, un primo na Patagonia ou o mundo mundial, pero quererás que alguén o vexa, se non, non perdas o tempo e garda o teu blogue no disco duro.
Grazas ós contadores sabes canta xente (mais ou menos) entrou a ver o que ti puxeches, e serve de pulo para seguir a facer esta pequena contribución ó ruido (e ás veces tamén á información) que aboia na rede.
Outra das cousas que fan os contadores (para os que non o saiban, que ainda non todo o mundo ten un blogue) é dicir desde que páxina chegaron as visitas se o fixeron cunha ligazón, e o lugar onde está a súa conexión a internet.
Encántame isto, andar vendo se alguén puxo unha ligazón nalgures, ou se a xente chegou ó chou (algunha xente chega o chou desde o Blogger).
Ultimamente vexo que moitos brasileiros e portugueses chegan ca percura da combinación "lista da compra" por algo que puxen un día. Tamén un que chegou cunha percura de Turuto ¡desde Bélxica!
Visitantes que deixaron a súa tarxeta de visita foron: Acedre, torredebabel, ou Kiko Novoa (que deixan a súa pegada de embaixadores galegos na distancia e podo identificalos ainda que non digan nada) F.Míguez, Marinha de Allegue ou Mr Tichborne. O resto xa eran da casa: turuto, Voloi, aser, palonsfe, almu, Yosi, Jandrix, Anxo. E Zeke, agora xa é un mais na casa tamén.
Non teño o bo costume que teñen moitos de agradecer os comentarios de cada vez, ainda así , agradezoo moito.
Asi que, a todos, tamén ós que nunca comentaron nada, moitas grazas pola vosa visita.
Estades na vosa casa.

4 Aportacións dos visitantes:
Claro que te leo!!!!!!!!
Por Kiko Novoa, ás 6/4/06 23:56
totalmente de acordo: ninguén vería por aquí se non fose bo e interesante o que a páxina conta. Gracias a ti Ghanito!!!!!
Por torredebabel, ás 7/4/06 02:21
Ah...eu buscaba unha paxina onde vendesen xamons pola interrede e saiume unha tal apocalipse do porco...e ainda etou esperando as ofertas.
Tamen mirei as tuas fotos e comentei nelas. Ai pilleite.
O veloso e unha marabilla e a xente d Silvaoscura unha delicia para ler.
Por acedre, ás 7/4/06 04:36
"E Zeke, agora xa é un mais na casa tamén".
Graciñas.
Isto,se son da casa corresponde unha paga semanal.¿No?
Por zeke, ás 8/4/06 10:54
Enviar um comentário
<< Home