Apocalipse do porco

21 janeiro 2006

Santa Teresa Rave Party

¿Sabiades que santa Teresa de Ávila morreu na noite do 4 ó 15 de outubro de 1582?

Bueno, ¿non notades nada raro?

Xa sei que as festas dance son longas, que unha noite no muiño, unha noite non é nada, pero...
¡morrendo na noite do 4 ó 15! E non me trabuquei ó escribir os días.


Bueno, algún feito importante podía suceder nesa noite, na que houbo un troco moi relevante. O día 15 de outubro do ano 1582 cambiouse o calendario Xuliano polo Gregoriano.

Se cadra non o veremos, pero o ano 2100 non vai ser bisesto. Os multiplos de cen que non son múltiplos de 400 non son bisestos ¿algún o sabía? Eu non.

Esa é a diferencia entre o calendario que implantou Xulio César e ó que lle puxo nome o papa Gregorio XIII (parecido ó que fixo Américo Vespucio con América, o mundo é dos oportunistas).

Non sexamos inxustos, Gregorio XIII tamen fixo isto.

O caso é que para axustar o desfase entre a rotación anual solar (365,242190 días) e a do calendario Xuliano (365,25 días) quitou 10 días o bó do Gregorio.

Outra curiosidade:

Rusia adoptou este calendario despois da revolución de 1917, a revolución de Outubro ¡tivo lugar en Novembro!

3 Aportacións dos visitantes:

  • Só podo dicir que entón perdín case que un día enteiro despois desta noite pasada. ¿Qué pensaría de min o bó de Gregorio?.
    Como sigas así vas ter que cambia-lo nome do blog polo de "O libro gordo de Ghanete".
    Apertas, meu.
    Por certo, iso de morrer nunha noite de 11 días... ¿Non sería no círculo polar?
    De todo-los xeitos, se é unha "pequena morte" dos franchutes ¡veña pois, que morro xa!.

    Por Anonymous Anónimo, ás 22/1/06 14:18  

  • Se cadra o "porco" do apocalipse és tí. Petite mort, petite mort...¡PORCÓN!¡Que é Sta Teresa!.

    Por Blogger Ghanito, ás 23/1/06 21:34  

  • As máis inocentes terminan sendo as "piores". Xa sabes cómo ma pon Teresa...
    Ademáis coa de alucinóxenos que movían neses tempos, vai ti a saber.

    Por Anonymous Anónimo, ás 23/1/06 23:33  

Enviar um comentário

<< Home


 
ecoestadistica.com