Apocalipse do porco

22 fevereiro 2006

Daquela, a radio...

Cando neno non comprendía como podía vivir a xente cando non había televisión. E pensade que aquela non era a televisión que temos hoxe.

¿Lembrades cando Jesús Hermida fixo o primeiro programa de mañán? Xa non eramos tan nenos entón. E o corte da emisión despois de xantar, lembro algún día agardando fronte ó televisor a que rematara a carta de axuste e comezara a programación infantil.

A miña nai escoitaba sempre a radio, ainda hoxe o fai. As mañáns sempre tiñan ese son, o pequeno transistor na cociña, a miña nai chamando por nós co almorzo quente xa na mesa.

Ó serán, mentras xogaba, escoitaba "ideas a las 7" con Alfonso López ¡na COPE! (a canle 2, en Vigo era o que no resto do pais RNE3, música nova de calidade) e ás veces á noite "musical cassette", unha hora de musica que os ouvintes pedían por carta, ¡parando á media hora para darlle a volta á cinta! (tempo despois enterámonos de que os primeiros anos a equipa do programa escollía a música, ata que a súa selecta audiencia separouse do criterio "radiofórmula")

A radio tiña mais presenza na miña vida que na dos nenos de hoxe, supoño que igual que eu non entendía que non existira a televisión, hoxe os nenos non entenden como se podía vivir sen internet, sen o móbil (a verdade é que o do móbil ás veces non o entendemos nin nós mesmos) e sen a PlayStation.

Mañá sigo, hoxe é abondo.

0 Aportacións dos visitantes:

Enviar um comentário

<< Home


 
ecoestadistica.com