Aquí hai aceite
Coma se fora este un espazo rosa (a cor das tripas) hoxe contarei algo que aconteceu de verdade. Como dirían nas peliculas das tres e media: baseado en feitos reais.
Hai uns meses a miña muller e mai eu fomos cear ó Habana 83, un restaurante na avenida da Habana en Ourense. (Aproveito para recomendalo ós que ainda non o coñezan, un dos meus restaurantes favoritos de toda Galicia)
Normalmente ceamos alí cedo porque así atopamos sitio sempre i estamos mais tranquilos, aquel día só había otra mesa ocupada.
Fun dereito á nosa mesa habitual e, cando sentamos, ollei un ghicho que semellaba o Cachuli (Julián Muñoz, ex-alcalde de Marbella xulgado por corrupción e mozo da Isabel Pantoja) Non era, pero semellaba.
Comenteillo á miña muller i ela díxome: ¡pero home! ¡non o digas tan alto que vante oir el e mais a Pantoja!
¡Era!
Con eles estaba unha vella toda operada que seica é a súa representante.
O conto non é este, que non pasa de ser unha desafortunada coincidencia, o tema foi que na súa mesa tiñan unha botella de aceite de oliva.
Estaredes a pensar: Qué bo gusto, cociña mediterranea, cardiosaludable, e todo iso...
Non. Non é eso.
Era unha botella das de plastico. Como a que tendes na cociña. E non era unha marca exclusiva. Era das que hai no Hiper.
Preguntas...
¿Son tan pailáns que pensan que en galicia non chega o aceite de oliva e trouxérono da casa?
¿Son tan pailáns que non se fiaban que o aceite que lles trouxeran era virxe extra e pediron a botella da cociña?
No Habana non lle sacarían a botella de plástico se non lla pediran, iso dígovo-lo eu.
Así que gafes non sei se son, pero abofé que son uns pailáns. ¿Que se pode agardar desta xente?

3 Aportacións dos visitantes:
A ver, Cachuli leva os pantalóns atados ó sobaco, moi cool moi cool non son.
aser
Por Anónimo, ás 3/3/06 20:53
Se cadra terás algo que dicir desta musa, de peitos turxentes e seximbol de toda unha xeración,que voz, que talento, que patillas.
Un Admirador
Ese barco velero........
Por Anónimo, ás 3/3/06 21:00
Falando de famosos unha vez atopeime con Clint Eastwood no Alcampo.
Vale non era el pero era identico.
Sabes iso que din que todos temos un xemelgo identico a nos nalgun lugar do mundo.
Pois o de Clint vive en Vigo.
Por Anónimo, ás 4/3/06 12:18
Enviar um comentário
<< Home