crédito, fama
Non se me pasou pola cabeza poñer aquí a licenza Creative Commons, sería presuntuoso que eu pensara que á xente podía interesarlle copiar o meu trabalo. Penso que nin sequera tiña lido enteira a licenza.
Concordo moito ca filosofía de compartir na rede, ainda que entendo que tamén hai que vivir. Se non traballara noutra cousa, se cadra dábame de alta na SGAE (xa sabedes, Sempre Gañan Alguns Euros) Cousa ben distinta sería acadar que alguén pagara polo meu traballo. ;)
O que defendo, i é parte da idea do Creative Commons, é a idea de respeitar a fama, de dar crédito á obra dos outros.
Isto ven a conto dun despiste:
O amigo Aspirino BCN, no seu blog mundo toleirán tivo o bo gosto de poñer unha imaxe miña.
Mais esqueceu dar o crédito ó que fixera o traballo. Neste caso, eu.
Gostei moito de que usara a miña imaxe, fastidioume que non puxera unha ligazón para que a xente puidera ver o meu traballo e soubera co fixen eu. Se a el gustoulle algo na miña páxina, se cadra, outro atopa algo interesante tamén.
Todo isto remata en que Aspirino BCN engadiu a ligazón, desculpouse, e agora eu son o que queda obrigado, teño que dar grazas pola visita e pola cita. Supoño que non pensou que eu lle puidera dar importancia.
Se algún gusta de algo nesta páxina, pódeo reproducir ou modificar como queira sempre que faga o favor de dicir onde o colleu e sempre co faga sen vendelo. Isto ven sendo un resumo moi breve da licenza creative commons

2 Aportacións dos visitantes:
con el buen rollo!! así nos ghusta. talante!.
aser
Por Anónimo, ás 27/2/06 20:33
Xa che dixen que llo mandaras ós de ASF....a este paso un día atopas unha camiseta pola rúa co logo de Touriño...e ti sen cobrar!!! Bicos
palonsfe
Por Anónimo, ás 27/2/06 21:00
Enviar um comentário
<< Home