Apocalipse do porco

23 fevereiro 2006

Chegando á miña casa

Onte puñame pesado contando cousas da miña nenez, e falaba un chisco tamén da radio.

Viña todo isto co conto do aniversario que hoxe se rememora. E non digo que se celebre porque...

Hai 25 anos un toureiro (como dixo algunha prensa fora de España) entrou no Congreso a tiros.

Cando eu chegaba á casa, despois da escola, a miña nai estaba alí, e isto hai que dicilo, porque hoxe, os rapaces teñen a desgraza de que ningún dos seus pais está na casa para atende-los.

Cando pasaba o ferro facíao nun pequeno cuarto, nun recuncho da casa que chamabamos o cuarto de costura. Non cosía alí, pero si que tiña todo o que utillizaba para coser. O cuarto é moi pequeniño e só cabia ela ca taboa. Ó lado da fiestra puña o transistor, aquel transistor que daba o son á mañán. Aquela tarde estaba aburrido, unhas voces monótonas saían do transistor i eu xogaba alí ó lado.

Como xa sabedes, entraron a cachón e interrumpiron a monótona votación, non lembro iso, i é estrano, porque lembro moi ben o sol que había e onde estaba aquel día o transistor. Metéronme na cama cedo, coma sempre, ¡non coñezo ningún neno hoxe que se deite ás nove e media!
Ó día seguinte houbo televisión á mañán: ¡20.000 leguas de viaxe submarina en debuxos animados! É do que mellor lembro do tal día.

Na escola puñámonos en fila á porta da aula ata que o profesor abría.
Aquel día todos chegaron tarde, con cara de durmir mal. Ainda así foi un dia bastante normal.

Na miña casa non lembro medo, ainda que eu era moi neno e tampouco me contarían supoño.

E iso foi todo, sei que na casa de outra xente pasaron medo, e mesmo prepararon a equipaxe para viaxar a Portugal (que o conten eles se queren).

Para rematar, contarei que hai unha persoa que hai 25 anos estaba cumprindo anos.

Fastidioulle a festa aquel toureiro e mesmo quedou sen soprar as velas.

Almu, non teñas medo, hoxe non has ter problema...a non ser, que xa tes un ano mais, claro.

¡Parabéns!

2 Aportacións dos visitantes:

  • Voloi

    Estás Morriñento?
    Nos non chegamos a facer as maletas, pero a piques estivemos. Eu dese día só lembro, cando á noite o meu pai, mentres me bañaba, nos contou o q estaba pasando.

    Tes que ter un fillo, xa verás como se cha pasa esta nostalia infantil.
    Bicos a todos.

    Por Anonymous Anónimo, ás 23/2/06 18:52  

  • Isto eu tiña 6 anos non me acordo de nada.
    Supoño que xa estaba enfrascado nos meus plans de dominacion mundial.

    Por Anonymous Anónimo, ás 23/2/06 19:10  

Enviar um comentário

<< Home


 
ecoestadistica.com