Apocalipse do porco

01 março 2006

Neofeix... perdón, Novas Xeracións


Antonte, no foro de Vieiros, Estevo das Estrivadas puxo unha ligazón a esta fermosa páxina das Novas Xeracións leonesas do PP.
(Tendes a ligazón na imaxe)

Nela, o mais puro estilo Jarrai, como ben dice xa Estevo. O único que non ten e a mira debuxada na cara.

Non ter a mira evita que sexan delincuentes, o que non impide é que sexan pouco demócratas.

Como gusto moitísimo do humor negro, xa tiña debuxada unha mira, pero cando pensei na xente en Euscadi que non ten liberdade e está baixo ameaza, pareceume pouco divertido e apagueina.
Tanto encher a boca falando de constitución e valores democráticos xa lles vale a estes rapaces.

Por este camiño mal vamos. Se non pensan como estas xentes, paréceme ben que llo digan á xente, para que decidan se os seguen a votar ou non, mais...¿chamarlles traidores?
¿Traidores a que? ¿Traidores á súa verdade incuestionable?
Da moito medo esta xente que o ten tan claro que non caben opinións contrarias.
Ainda así, alomenos non recorren á violencia.

3 Aportacións dos visitantes:

  • E doado de entender: Retrotraem-se às suas origenes, namais.

    Por Blogger Fer, ás 2/3/06 00:11  

  • Voloi
    Estos tipos acojonan!!, e lembrade que son os novos, non como don Manuel, que lle queda pouco.

    Por Anonymous Anónimo, ás 2/3/06 18:02  

  • Estou dacordo con este post, acojonan a dios, pero teño que dicir que eso de que non recorren á violencia non é de todo exácto. Digamos que non agreden físicamente pero ese cartel non só é que non sexa democrático, a min paréceme extremadamente violento, como o 90% das declaracións de Zipi e Zape ou do señor Raxoi......... hui perdón!!!! Rajoy.
    aser

    Por Anonymous Anónimo, ás 2/3/06 21:32  

Enviar um comentário

<< Home


 
ecoestadistica.com