Apocalipse do porco

22 março 2006

Unha nova esperanza...

A ver si desta vai.

Había tempo que se agardaba, ainda así ¿quen dixo que as boas novas non eran novas?

Desexo, igual que todos vos que esta vez non pase como a última e quedemos con cara de parvos.

Ogallá esteamos a vivir momentos históricos. Lembremos que moita xente en Euscadi ten a súa vida ameazada por non querer axeonllarse ante a violencia.

Non estamos a falar de política, o único que pedimos é unha oportunidade para vivir en paz.

Non quero vivir isto dende o escepticismo, prefiro apostar, ainda que teñamos que camiñar amodo.

Hoxe é un día para que saquedes todas esas mensaxes navideñas, cheas de po polo uso automático e moitas veces sen sentimento.

Deséxovos a todos moitos anos de paz.

2 Aportacións dos visitantes:

  • Penso que debemos felicitarnos por este paso tan esperado por todos e que xa tardou demáis en chegar.
    así que........
    FELICIDADES PARA TODOS
    UN ABRAZO

    Por Anonymous Anónimo, ás 22/3/06 22:55  

  • Parece que estamos a vivir un día histórico, e de verdade que había tempo que os días históricos non o eran precisamente por traer boas novas. Esperanza...bonito día.
    Bicos.

    Por Blogger Patricia, ás 23/3/06 00:54  

Enviar um comentário

<< Home


 
ecoestadistica.com