Para ter un nome así...
Os que me coñecen saben que recentemente lin Monster unha historia en banda deseñada de Naoki Urasawa. Recoméndolla a todo o que lle guste o thriller e a intriga. (ainda que 36 números a 4,15€...)
Nunha parte da historia, algunhas persoaxes falan da importancia do nome de un, e lembro isto vendo o descubrimento que fai turuto no Hidrocube recolle un artigo publicado orixinalmente no El nuevo Herald de Miami por Gonzalo Guillén.
¿Paga a pena ter un nome tan pouco axeitado como Justo Empate, Campeón Invicto, ou Dos a Uno?
Contaba un dos visitantes habituais (que se indentifique el se quere) que tivo dous compañeiros de estudos, que eran irmáns, chamados "Zig Zag" un e "Tordas Pirracas" o outro. E iso aquí, non en Ecuador. E o mellor de todo é que estes rapaces dician estar moi ledos de ter ese nome.
Cando o nome foi inventado, supoño que habería un Xosé, un Antón e un Xacobe, un de cada por nome. Agora temos nomes de serie e se cadra agradécese un nome feito á medida. Non sei. Se cadra teñen razón, pero de dar un nome orixinal eu preferiría algo fermoso, non arrepiante.
Lembro tamén unha historia de médicos, penso que sucedeu en Barcelona.
A nai vai ca súa filla e chámaa polo seu nome varias veces: ilóveni.
A doutora cree recoñecer o nome e preguntalle por el á nai. ¿Cal foi a causa de lle poñer ese nome á rapariga? Bo, gustoume. Vino nunha camisola.
Xa sabedes o que puña a camisola, incluso ten páxina web:
I love NY.
Esta historia relatouma un dos testigos, non é un conto (ainda que pareza)
Ás veces é mellor non ser moi orixinal, ¿non opinades igual?

2 Aportacións dos visitantes:
Simpatico o caso ese.
Eu tenho un vecinho que traballaba en Himahe (hijos de marcelino e algo mais que non lembro), que e un matadoiro de pitos e o tal vecinho tinha un reloxio de propaganda que punha Himahe e o reloxio ainda era resulton. Pois foi un amigo del e dille: Jimajei, vaia marca xaponesa.
Por acedre, ás 18/3/06 03:36
Eu como teño o nome mais bonito do mundo non me queixo.
Daniel soa ben ¿no?
Por zeke, ás 19/3/06 12:39
Enviar um comentário
<< Home