Apocalipse do porco

11 março 2006

Actor protagonista

Non pensei que taradárades tanto en dar ca respostas á adiviña das fotos policiais.

Direivos, para amolar ainda mais, que a miña muller acertou á primeira.

Ela di, que a pista boa foi o de que non quería ser famoso.

Ainda que estas fotos son de arrestos, este home fíxose famoso como víctima dun delito no ano 1993. O que cometera o delito foi considerado inocente por cometelo nun estado de loucura temporal. Despois do delito, o noso home estivo oito horas nun quirófano.

Rodou unha película no ano 1994, que se vendeu directamente en video, non se estreou en salas.

Posteriormente unha ex-muller escribiu un libro titulado "Esta semán casei con (o nome do ghicho)"

En setembro de 2005 metérono na cadea por violencia domestica ca súa terceira muller.

Penso que agora xa o saberedes todos.

2 Aportacións dos visitantes:

  • Non me lembro do nome....aaarggg.....cómo se chamaba?? este era o que a súa muller decidiu facelo donante de "organo"....pero parece que despois desas 8 horas no quirófano debeu quedar de novo "enteiro" ...polo que contas non aprendeu nada da experiencia...quén sabe o nome????

    Por Blogger Patricia, ás 11/3/06 19:27  

  • Algo de Bobbit ou asi.
    Dende logo non e un bo motivo para ser famoso, non.
    Respecto ao desfile do Patrick's Day (nos EEUU non acostuman por santos diante) dicir que so faltaba a Asociacion Mounts e Flauers de Rali coa saia de North Carolina. Quizais no ano que ven.
    Un saudo.

    Por Blogger acedre, ás 12/3/06 15:04  

Enviar um comentário

<< Home


 
ecoestadistica.com