Apocalipse do porco

08 março 2006

1.437.533 veces

No momento que poño esta ligazón, xa viron este video case millón e medio de veces e leva na rede 6 meses.

Diredes que Maria Isabel vende moitísimo e Los del Rio ainda mais, tendes razón. Cantidade non quere dicir calidade, se non gustara del non o poría.

É un video que unha rapaza israelita fixo cunha canción dos Pixies. É estudiante de cine e paréceme que a montaxe dalle moita vida.


O video en sí é un pouco parvo, cousa de rapaces.

Igual que iso de levar un diario,¿non si?

Como sempre, admítense opinións, suxestións e críticas.

Se cadra o poño porque lle teño envexa, no tempo que levo co blog ainda non entraron nin 2.000 veces e só no tempo que redactaba esta entrada víuse o vídeo 4.000 veces. (cambielle o título e todo)

1 Aportacións dos visitantes:

  • A este paso a tal Tasha xa debe ser mais que coñecida...a miña conexión é un pouco cutre para ve-lo video sen saltos pero o pouco que vin é divertido...isto de facer videos musicais caseiros...non sei...lémbrame algo...

    Por Blogger Patricia, ás 8/3/06 23:42  

Enviar um comentário

<< Home


 
ecoestadistica.com