Apocalipse do porco

05 março 2006

Tranquilidade

O Roi fai un par de suxestións para poñer hoxe no blog:

Unha, seguir a falar da SGAE como grupo de presión (o que os americanos chaman lobby) e, mais en concreto, da reforma da lei de propiedade intelectual.

A outra, falar dunha posible catastrofe de dimensións planetarias.

Decidinme por dicirlle a Teddy Bautista: ¡Teddy, mais tarde ou mais cedo o voso negocio vai rematar!

Si, acertastes, vou falar dunha catastrofe planetaria.

Non, non é a piratería. É a posibilidade de que un asteroide, concretamente o 2004 VD17, impacte ca terra o día 4 de maio de 2102.

Cando lin a primeira vez a nova entendín 2012 e xa estaba facendo unha lista cas prioridades para os vindeiros 7 anos, despois lin ben a data e xa non me importou tanto que as probabilidades pasaran de 1 entre 3000 a 1 entre 1000. Básicamente porque as miñas posibilidades de chegar con vida ó 2102 son algo baixas (non as calculei ainda exactamente).

Co gallo deste aviso estiven lendo sobre a escala Torino, pero para sorte de Ben Affleck e Bruce Willis as posibilidades dunha ameaza importante ainda caen lonxe.

Conclusión: Non sei se a SGAE vai ter que pechar o seu negocio ou non, pero semella que non vai ser pola colisión dun asteroide. Nin sequera de grado 7 na escala torino.

Nada, non vos preocupedes, a única catástrofe vai ser a reforma da lei de propiedade intelectual. Alomenos polo de agora...

2 Aportacións dos visitantes:

  • Menos mal que queda lonxe.
    Un saudo.

    Por Blogger acedre, ás 6/3/06 00:08  

  • A única catastrofe planetaria posible, agás da reforma da lei de propiedade intelectual, por suposto, só pode vir de os nosos amigos norteamericanos en especial do seu lider espiritual George Bush junior.........
    Pero vendo a influecia que este blog está a ter nese extrano pais, pode que ainda teñamos algunha oportunidade de salvarnos .......
    A SEGUIR BEN!

    Por Anonymous Anónimo, ás 6/3/06 20:37  

Enviar um comentário

<< Home


 
ecoestadistica.com