"Propiedade" intelectual
Onte engadín á miña páxina unha ligazón ó manifesto pola cultura libre.
Escoitando, entre outros, a David Bravo chegas á conclusión de que non és un delincuente, de que os autores merecen gañar cartos polo seu traballo, pero que ti tamén tes dereito a acceder á cultura.
A música que fan Alejandro Sanz, Joaquín Sabina, Víctor Manuel, Ana Belén, Miguel Bosé, e moitos outros...¿é absolutamente orixinal?
Estopa, por dicir alguén, ¿tiña unha gran colección de discos que mercaran nunha tenda?
¿Inventou esta xente a música? Poden dicir como moito que son modelos de utilidade, e dicir, colleron algo que xa existía e déronlle un xeito algo novo.
Jimmi Hendrix revolucionou a guitarra, cambiou a forma de tocala, iso pode compararse ó invento do rato...
Pero o que fai Alejandro Sanz sería como o que deseñou o rato que estou usando eu. Tamén é un creador e ten que estar algo protexido...¿pero tanto?
¿
Lembremos que a propiedade intelectual, de propiedade…ten o nome.
A propiedade é un dereito real, é dicir que se exerce sobre un obxecto FÍSICO.
A “propiedade” intelectual é unha extensión analóxica do dereito de propiedade a outro tipo de dereitos que non son reais.
Perdoade polo discurso, pero todos os nosos representantes (PSOE, PP e tamén BNG) votaron a favor da reforma da lei de propiedade intelectual. E a reformaron dunha forma ca que se o pensades probablemente non esteades dacordo. Pero ainda tendes duas opcións:CON vaselina ou SEN vaselina
Pagade o canon como prefirades.
Ide vendo as novas tarifas en Escolar.net
1 Aportacións dos visitantes:
Alejandro Sanz ese mariquita sin talento que diria Ennis.
Por Anónimo, ás 4/3/06 12:21
Enviar um comentário
<< Home