No xornal
Hoxe é o día internacional da muller traballadora. Nos últimos anos dan en chamalo día internacional da muller.
Malo que haxa este día, é sinal de que algo non vai todo o ben que debera. É coma o día das letras galegas.
Mais non quero falar diso, xa que hoxe é o día no que Paco, rei de PacoLand abdica do seu cargo.
Hoxe, oficialmente, entramos no Post-Vazquismo. ¡Habemus Losada! (este xa leva o L no apelido)
Non sei se habería unha errata en la Voz porque dicía que onte Paco dera un discurso en galego.
(¿Y te habría necesidá hombre? si es que tienes cada cosa...¡como eres, macho! Hasta vas quedar bien con los de la mesa por la normaliciación).
E, falando do xornal, o Roi lembrame esta nova de que o Blockbuster está pechando.
Pode ser que a xente baixe películas da rede. Non lles culpo, pero eu non o fago e ainda así non vou ó Blockbuster. ¿Porqué?
Porque é moi caro.
Non sei se baixarían os prezos, pero hai dous anos estaba moito mais caro co resto de videoclubes, e non atopei diferenzas que o xustificaran así que cambieime, e ainda alugo películas. É moi doado botarlle culpas á piratería, e non ver outras razóns...¿que me dicides das canles de televisión de pago? ¿Canto tardan en chegar as películas dende o videoclube ás canles dixitais ou ó cable?
Non podo falar polo resto, e seguro que a piratería influíu, pero aquí cada un varre para a súa casa.

0 Aportacións dos visitantes:
Enviar um comentário
<< Home