Apocalipse do porco

16 março 2006

Traidor automático

A UVI, realmente o seminario de lingüística informática creou o ano pasado un traductor automático galego - castelán.
Recén o descubrín hoxe, non oira falar del. Non sei si é bo ou malo, supoño que será un traidor coma todos, pero para o que non fale as dúas línguas é unha opción de emerxencia. Xa falei noutra ocasión destas máquinas, ainda así gustoume atopalo.

Traduce a un galego isolacionista, e por iso para os reintegracionistas será dobremente traidor.

Hei dicir, que atopo ó Estraviz unha ferramenta moi valiosa (permete as pesquisas en galego RAG) se cadra o mellor dicionario de galego na rede. Ainda que non sempre concorde ó cento por cento.

Uns é outros a traballar pola lingua. Cada un ó seu xeito.


1 Aportacións dos visitantes:

  • Isto dos traductores e de risa.
    Probaches a por a tua paxina en ingles ? Ainda podes botar unhas risas boas.
    Un saudo.

    Por Blogger acedre, ás 17/3/06 04:24  

Enviar um comentário

<< Home


 
ecoestadistica.com