Apocalipse do porco

13 março 2006

Val do Deza

Onte estiven en Lalín. E non preguntedes que fun facer alí, xa vo-lo digo eu:

Fun pasear e tomar un cocido.

En Galicia teñen moito éxito os restaurantes onde mais que dar de comer, botan de comer. E nós fomos a un deses...comimos como animais.

Non trouxeron o porco enteiro, pero parecía que o trouxeran, do moito que comimos.

E cando rematamos co pobre animal...as sobremesas. Non puiden con todo, teño que confesalo.

Por sorte ninguén necesitou nin sequera bicarbonato, só tivemos que afrouxar o cinto.

Despois, unha pequena sesta á beira do rio e coma novos. Mellor ainda.

Paseando atopamos este rótulo, e quedamos intrigados co das "cosmetologicas".

¿Alguén de Lalín coñece o letreiro e sabe o que significa?

Os de Lalín seguramente coñeceran o porco este metálico, é meirande do que semella na fotografía. Concordo ca xente de Lalín en que ó animal hai que lle levantar un monumento.

Pareceme incríble isto. ¡Vergoña!

2 Aportacións dos visitantes:

  • Eu so medio de Lalín e non me soa es cartel per como din po alí......

    ¡VIVA LALIN CON RAZÓN OU SEN ELA!

    Por Anonymous Anónimo, ás 14/3/06 00:05  

  • Dixen que non puxeses nada do Bobbitt e pos un cartel de cosmetologos que castran xente, he, he.

    Por Blogger acedre, ás 14/3/06 04:17  

Enviar um comentário

<< Home


 
ecoestadistica.com