Apocalipse do porco

20 março 2006

Un día normal

Hoxe cumpro 33, xa o dixera, ademais hai xa 2 anos que casei, tamén un día 20 de marzo coma hoxe.
Esta é a entrada número 100 do blog en Blogger.

Que pouca gracia tivo hoxe. Chamáronme os amigos e a familia, pero tiven que traballar tamén á tarde, e non puiden celebrar nada. Menos mal que a fin de semán imos a Mondariz de paseo.

Nesta día tamén naceron Ovidio, Ibsen, Spike Lee, Tracy Chapman...

E comezou a 2ª guerra de Irak (este Bush, con tal de me amargar a festa non sabía o que facer).

Pois nada, un día mais, e un ano mais tamén.

Outro día poño unha foto da voda se lle apetece ó Blogger subir as fotos.

3 Aportacións dos visitantes:

  • parabens! eu teño tamén a idade de cristo e tamén teño home (ainda que non casei) e fillo. Cousas dos trinta, seica... O que non sei se ten que ver cos trinta anos é o caso de ter atopado o teu blog pero foi unha maravilla!!

    Por Blogger torredebabel, ás 21/3/06 01:33  

  • Gracinhas polo teu comentario no meu blogo. Por certo, tes boa vista para toparlle parecido a min ao microbio de cinco centimetros da foto.
    Un saudo e felicidades outra vez e a ver se non tarda outro ano en rematar a invasion de Irak.

    Por Blogger acedre, ás 21/3/06 04:46  

  • Grazas torredebabel, vas facer que me saian as cores á cara.

    Acedre, non irás negar o parecido. É abraiante.

    Por Blogger Ghanito, ás 21/3/06 07:29  

Enviar um comentário

<< Home


 
ecoestadistica.com