Apocalipse do porco

19 março 2006

Día do pai e outras festas

Hoxe é o día do pai, non o vou felicitar porque sei que non entra nunca aquí. Xa o chamei ó móbil, que hoxe non está na casa.

Si que lle vou mandar parabéns ó meu irmán, porque de cando en vez sei que pasa por este blogue. Ou alomenos iso é o que dí. Mándollos porque o seu nome é José. (igual co meu pai)

Para rematar contareivos que hoxe abrín a caixa de correo, que non abrira onte, e atopei publicidade, unha carta da caixa de aforros, e unha de El Corte Inglés, que me manda parabéns polo meu cumpreanos desexándome "que el mismo transcurra felizmente en compañía de los seres más queridos" agradézollo moito porque sei que o fan co corazón, que bos amigos son estes do "Corte".

Pois si, mañá, se non pasa nada hoxe, chegarei ós 33, "a idade de Cristo menos un mes".

Sen agardar ós comentarios, xa vos digo eu que a idade cronolóxica está clara, a que está por ver é a mental.

5 Aportacións dos visitantes:

  • Deixo proba do meu paso por este blog.O teu imán

    Por Anonymous Anónimo, ás 19/3/06 17:15  

  • ¡Como quero ó meu irmán Jomeini!

    (Xa sei que foi un "lapsus calami" pero non podo evitar ser un parideiro)

    Por Blogger Ghanito, ás 19/3/06 17:23  

  • Pararabéns Ghanito, mito feliche sexa o teu trienta e tres cumpreanos.
    Xa vai un mes que debias estár resucitando, cando o consigas pon unha crónica no blog, para que o resto non nos pille de sorpresa, ainda que Turuto xa o debe ter claro, el non di nada, pero eu estou seguro de de que xa está de novo entre os vivos.
    Biquiños a todos.

    Por Anonymous Anónimo, ás 19/3/06 17:42  

  • Recibe tamén por anticipado os meus parabéns...a min quédame pouco...solidariedade cos de 33...

    Por Blogger Patricia, ás 19/3/06 23:41  

  • Chego tarde, así que póñocho aquí.
    ¡Parabéns!

    Por Anonymous Anónimo, ás 20/3/06 20:39  

Enviar um comentário

<< Home


 
ecoestadistica.com