Coherencia
A Xerarquía da Igrexa Católica, na persoa do bispo de ourense, laiouse de que o Partido Popular apoiara a voda do seu membro José Araujo ca súa parella Nino.
Dixo, mesmo, que a cerimonia entristeceu e conmocionou ós católicos.
E digo eu...¿a que católicos?
tamén advertiu aos dirixentes políticos que se declaran cristiáns da súa obriga de "non asumir propostas" que contradigan a doutrina da Igrexa. "O contrario sería, entre outras consecuencias, causa de grave escándalo"
E digo eu...¿escandalo para quen?
Por outra banda, a conferencia episcopal, ve a España sumida nun exasperado pansexualismo
E digo eu... Pansexualismo tes ti, meu.
Ó único que lle adican na Igrexa (e falo da súa xerarquía) as súas preocupacións son ós temas sexuais.
¿Non é a cobiza un pecado capital? ¿non é mais doado que un camelo pase polo ollo dunha agulla que un rico entre no ceo? E logo, ¿proibiu o Vaticano que os curas tiveran posesións materiais? Non, proibiu os homosexuais. Xa sei que é demagóxico, pero quero facer notar a súa incoherencia tan esaxerada cando aparece o tema sexual. Para a proxima o falaremos do control da natalidade, porque "crecede e multiplicadevos" non permite os condóns e por contra "non matarás" si que permite a pena de morte. ¿Será que o tema do sexo mírano diferente?
A Igrexa (Povo de Deus) vai por un camiño e a súa xerarquía por outro, se cadra moitos deberían de matinar un pouco, se están no Povo axeitado, ou alomenos facer algo por cambialo, e non ir coma unha ovella.
¡Que ben me aprenderon os curas e as monxas! :-D

1 Aportacións dos visitantes:
A relixion catolica e coma as outras relixions: unha especie de club coas suas normas. Ou entras nese club aceitando as normas ou non entras e non hai mais onde ir.
Tamen esta o tema controvertido de non aceitar mulleres dando misas. E aqui volvvo ao de antes: ou aceitas as regras ou non.
Por acedre, ás 12/4/06 04:10
Enviar um comentário
<< Home