A voltas cos tradutores...
Xa vos dixen que o tema era atraínte para min.
Probei, seguindo a suxestión de Cruzul o Apertium. A maiores de ser código aberto, está feito pola UVI e, coma antigo membro, téñolle moita lei.
A idea de Cruzul non era traducir do castelán ó galego, porque a maioría dos que falamos galego entendemos o castelán, a idea era facelo ó revés porque así poderíamos chegar ós que falan castelán e non galego.
A experiencia non foi moi positiva. Non hai moita intelixibilidade, no que inflúe tamén que non se entenden o blogger e mais a maquina do tradutor cando hai un til, o tradutor pon simbolos estranos e dificulta moito a comprensión do escrito.
Supoño que o tradutor estará optimizado para traducir do castelán ó galego, non sei. Se esa é a idea, non penso que vaia a acadar unha utilización masiva.
Toda esta lea contra o tradutor empezou esta mañá, cando atopei no contador un australiano que chegara cunha ligazón rara: un tradutor. Non sei o homiño que idiomas tentaba traducir, mais non lle traduciu nada. Vai ter que seguir algun curso de galego ( a , b, c, d )

1 Aportacións dos visitantes:
o resultado co tradutor da Uvigo (http://sli.uvigo.es/tradutor) sería moito mellor se lle pasaras a páxina como ISO-8859-1 e non como UTF-8, pero "iso" non me preguntes como se fai... :-)
Por Anónimo, ás 16/4/06 16:37
Enviar um comentário
<< Home