Apocalipse do porco

24 janeiro 2006

Crónica dunha ostia cantada.

Mándame Roi a crónica do que ocorreu o outro día, ata o título me manda. Así da gusto, xa co traballo feito. ¡Que ben aprendidos vos teño! Aí vai.


Pois fodido, como vou a estar? unha ostia en moto sempre te deixa feito polvo, dóeche ata o escroto, e por riba topo cun "Farruquito" calquera, ¿como coño podes deixar a un tio tirado e non parar?.

O caso é que as lesións foron poucas, para o que me podía pasar, iría a uns 40 ou 50 Km/h pola avenida de Samil sentido Bouzas e farruqito baixaba pola avenida de Europa, na rotonda coincidimos...e de que xeito. Eu xa estaba no medio da rotonda, o "Farruquito" decidíu continuar, e se non decido tirarme métome dentro do Todoterreo.

Logo perdín o senso, non é que teña moito, pero quedéi sen na, nin o amable rapaz que me axudóu a levantarme, nen a señora que berraba, "¡¡Volviches nacer neniño!!" , me colleron cando me desmaiéi. Ou eso deduzo, polo chichón que teño na cabeza.

E acordei como se dormira unha noite enteira e tivese soñado o accidente, pero o abrir os ollos, de soño nada, seguía berrando a "maruja" pero esta vez cos Policias e co ambulanciero, un home moi tranquilo ó que xa tivera ocasión de coñecer na miña anterior ostia co Clio Branco, Neste momento alguén me pregunta se estou ben, e como bo galego que son respostei cunha nova pregunta: ¿ti que opinas?

No houbo resposta, polo que reparei por primeira vez nos meus danos físicos, porque a cousa parecía importante, pero só me doía un pe e notaba a cara inflamada, pero non sei por qué non me asustéi, se cadra estóu madurando e non me din conta. O resto foi como en Hospital Central pero en cutre.

En Resumo: 2 escordamentos no pe dereito e unha contusión nun ollo que podedes ver no post adicado.

Conclusión: Hai que ter coidado ca Burra.



Supoño co da ostia cantada irá polo do Farruquito. Teño que dicir que non pensara, ca foto, que fora para tanto. Teremos que darlle a razón ó Jandrix e pasar o peto para xuntar cartos, pero en vez de para o Domund, para un casco integral para o rapaz.

1 Aportacións dos visitantes:

  • Ahí o está. Que o Roi sabe do que fala e o Jandrix é un tipo de fiar... Facédelle caso. A vida do Roi está nas vosas máns. Soa crú pero éche a verdade... E o feito de que o escriba a estas horas non ten nada que ver, que ainda que mañá teña que traballar, unha cea cun bó amigo non debe ser aprazada(Este Harry é a rehostia, e teño a quen preguntar, ¿non sí?). De feito, se ti, Dani Madrid, esquences a cita, non o terei en conta.
    Aúpa Roi Destroy ós Controis!!!

    Por Anonymous Anónimo, ás 25/1/06 02:45  

Enviar um comentário

<< Home


 
ecoestadistica.com