Apocalipse do porco

21 março 2006

Mestre Mateo

Non lle fixen moito cas ós premios mestre Mateo, pero claro, eu non estava proposto, ou non era finalista, ou candidato. Xa sei que eu tamán uso o de nominee, mais non gusto de usar os anglicismos se os podemos sustituir por unha verba que xa teñamos (e non empecedes a buscar, que niso tamén son inconsecuente. Se atopades anglicismos reportádemo e chequeareino :-D )

Ben, decía que non estaba nominado, pero o que si estaba (mais ou menos) era Turuto.

Fixo a programación e Victor Rivas os debuxos dun xogo interactivo de Interacción. O xogo chámase O mando manda ¡e gañou!


Xa vedes, aquí respetouse o Copyright, pero como é un traballo por encargo non aparece quen o fixo. Parabéns Turuto, aquí non te queremos por isto, que te queremos sen mais, pero encántame fardar (xa que eu non dou para tanto) do que fan os colegas.

Os que probedes o xogo podedes deixarlle aquí algun comentario ó Turuto, e a súa páxina persoal a tendes nunha ligazón na marxe dereita.

2 Aportacións dos visitantes:

  • Noraboa Turuto! se non lembro mal, éste non é o teu primeiro premio mestre Mateo...eu de ti pedíalle axuda a Teddy B. para cobrar dereitos...xa sabes... palonsfe

    Por Blogger Patricia, ás 21/3/06 21:20  

  • Noraboa neno ademáis de facer snow ( bueno sonow..... neve sobre taboa ) moito mellor que tódolos asiduos a manzaneda gañas premios prestixiosos......
    enches o noso ego de colega!
    un abrazo

    Por Anonymous Anónimo, ás 21/3/06 21:45  

Enviar um comentário

<< Home


 
ecoestadistica.com