Negocios
Na estrada de Ponteareas a Mondariz, vimos un par de cousas que os da zona coñecerán xa. De feito non era a primeira vez que eu as vía.
O primeiro é unha consecuencia desa tendencia de facer as cousas canto mais grande mellor misturado ca idea que temos en Galicia de poñer calquera cousa onde nos sae do carallo. Non sei que pinta unha tenda de noivas no medio do agro, pero seguro que vai ben e todo, Iria Novias.
A outra, xa sen ter en conta que estea mal escrito, sería o contrario do que é este blog (alomenos polo de agora) Nin vendo nada, nin fago negocio e ademais agardo que entren cada día mais curiosos.
Pois nada, convidados quedan vostedes, cando queiran aquí estou agardando na casa.
(Se traedes os pes enlamados quitade os zapatos na porta)
1 Aportacións dos visitantes:
En Iria Novias mercou a minha cunhada o vestido de noiva e os donos deste comercio son familia do restaurante enfrente (non lembro o nome) que fai banquetes e onde comemos o marisco ( o vinho caseiro de Arbo foi traido de estrangis polos invitados ).
Aqueles tempos...
Por acedre, ás 27/3/06 02:44
Enviar um comentário
<< Home