Apocalipse do porco

26 março 2006

Unha noite no muiño...


...nin no balneario, unha noite non é nada.

Estivemos na Vila de Mondariz Balneario apenas vintecatro horas, e souperon a moi pouco, abofé.

Non vou facer un relato completo da estancia, só direi que marchamos moi relaxados e satisfeitos, pero a próxima volta vai ser mais longa.

Estivemos na parte novísima (aquí xa é coma as pontes de Ourense, hai vella, nova e novísima) e desde o noso cuarto víanse cousas coma estas, que aquí vos deixo.
A cúpula alumeada é do Pazo da auga, unhas instalacións que abriran xusto despois de que viñeramos o ano pasado. Non é fea, pero non me gusta, porque réstalle protagonismo ó templo da auga de Antonio Palacios.

1 Aportacións dos visitantes:

  • Un dia de balneario sabe a muito e queda en pouco. Nos fomos ao de Cuntis e foi unha experiencia inesquecible. Podo imaxinar a tua.

    Por Blogger acedre, ás 27/3/06 02:45  

Enviar um comentário

<< Home


 
ecoestadistica.com