Quen é quen no blogomillo
Onte, mentras moitos blogueiros galegos pasaban o día xuntos en compostela no enblogs, eu estiven tentando achegarme pola rede ó que alí pasaba.
Non era bo momento, hoxe si que o puiden facer no blogue de Calidonia, que fixo unha estupenda crónica, e no flickr deixaron fotos, se as queredes ver.
Engado iso despois de ler no blogue de Brétemas que Arvpart recolleu as ligazóns a varias crónicas do acontecimento.
Porén, si que estiven vendo parte dos contidos, nomeadamente o estudo do grupo de investigación da USC de novos medios, podedes atopar ligazóns ó estudo completo e mais ó grupo no blogue do enblogs
Pareceume moi interesante, ainda que supoño que non todo o mundo opinará o mesmo.
A única queixa, que non é unha queixa, está na materia prima, no universo escollido.
Entendo as limitacións técnicas e mesmo persoais e de medios que impiden unha maior extensión do mesmo, pero así o estudo limítase a un grupo bastante homoxeneo, especialmente no tema ideolóxico. É un estudo do blogomillo e non da blogosfera galega. Non é unha cousa que se agoche, e mesmo se menciona no propio informe, non estou a falar mal deles, só me estou a laiar de que non sexa posible, cos medios actuais, un estudo mais ambicioso. Ademais, se tentaran estudiar mais blogues, se cadra, a caducidade dos datos (cun crecemento virulento dos blogues en todo o mundo, e tamén en Galicia) os deixaría fora de xogo.
Ainda así parabéns polo traballo.

2 Aportacións dos visitantes:
Ainda que os blogs levan anos existindo, semella que agora os medios estanse a decatar de que existen. É certo que o grupo analizado foi homoxeneo, pero se cadra en futuras analises xa non será así. Hai que darlles tempo, teño ganas de que chegue o proximo Enblogs para saber como mudaron as cousas que se debatiron neste.
Por Anónimo, ás 21/4/06 12:29
Festival Paredes de Coura
Norte de Portugal
(cerca de Vigo)
Entrada geral 70 €
Dia 15
Morrissey
Fischerspooner
Broken Social Scene
White Rose Movement
Madrugada
Gomez
Dia 16
Bloc Party
Yeah Yeah Yeahs
Eagles of Death Metal
Dia 17
Bauhaus
The Cramps
!!! (chk chk chk)
Shout Out Louds
Mais nomes a confirmar
Para informações detalhadas: www.paredesdecoura.com
Por Anónimo, ás 27/6/06 19:36
Enviar um comentário
<< Home