Tarefas pendentes
Os que sigan o que aqui poño, decataríanse de que onte non puxen nada. Xoves santo. Había que descansar. Mais ben o que pasou é que estaba lonxe da conexión á rede.
Hoxe, ocupándolle a casa ó Turuto conéctome un segundo para poñerme ó día...
Primeiro, solidaridade cos embaixadores galegos no estranxeiro, que non fan ferias estes días. Outras cousas boas terédes, ¿non sí? Como dirían os meus xefes cando non me dan o incentivo anual, xa tendes fillos e iso é un premio ainda maior. (Eles non din nada dos fillos, pero a idea ven sendo a mesma)
Segundo, dicirlle ó Acedre que penso que a NASA si chegou á Lua. Pero non só grazas ós Americanos, lembrade que os responsables dos propulsores eran Wernher Von Braun e a súa forma de traballar era perfeccionista ate o aborrecimento, probaban cada fase antes de empezar a seguinte, por non falar da súa disciplina (¿nazi?).
E terceiro, para rematar porei unha foto mais clara da persoaxe que noutra mensaxe anterior non conseguíades adiviñar ainda que supoño que nenodanorita non o dixo porque non quixo.
É Manuel Baltar, parlamentario populer galego e blogueiro (que non bloqueiro)
Puxen esta foto porque as mesas dos maristas de Ourense son iguais cas de Vigo que eu vivín catro anos.

2 Aportacións dos visitantes:
Como está o ensino!, estas mesas son máis chungas cas que tiña eu en Peritos, que xa lle chegaba de carallo.
Biquiños a todos
Por Anónimo, ás 14/4/06 19:28
"os maritas" non sabia da cadea de establecementos da tua irmá.
Teu "iman"
Por Anónimo, ás 15/4/06 20:17
Enviar um comentário
<< Home