Apocalipse do porco

07 maio 2006

Post Conto

O post do día despois, onde conto como me foi o conto.

As previsións horarias axustáronse bastante á realidade, agás o fin da cea, que alongouse e rematou ó redor da unha.

A voda estivo ben, e o que estivera xa nunha voda coñecerá mais ou menos o guión: risas, choros, moita comida, bastante bebida, baile, musica (si se lle pode chamar así) e moito amor.
Estiven con xente que había tempo que non vía, algúns incluso anos, familia, amigos que viven lonxe, e así.

O detalle gracioso foron unhas mulleres que rifaron á miña muller na igrexa (sobre todo a ela, ainda que estiveramos xuntos), porque foran oir misa e as estivera distraindo. "¡Hai que vir mais formal á misa!¡Non se pode estar todo o rato a falar!"
Calamos e non lles dixemos nada, ainda que moito había que dicir, empregamos a caridae cristiá que as dúas vellas non tiñan e marchamos rindo polo baixo. Non pensedes que estivemos a facer escandalo nin moito menos, falamos polo baixo (algo, tampouco pensedes que moito) pero cando alguén quere amolar, sóbranlle os motivos.

Xa na cea as nenas tiveron un momento Tarantino e puxenron os coitelos unhas sobre a cabeza das outras. Despois os nenos estiveron a bailar, xogaron, andiveron descalzos...o dos nenos, si foi unha festa.

O concerto empezou un chisco mais cedo do que eu pensara, pero non á hora que estaba anunciada. O día que La Iguana cumpla o horario que pon no cartaz non vai haber ainda ninguén. E rematou as dúas e vinte ou así, pero eu non puiden ir, quedei cas ganas de ver ós meus amigos tocando en La Iguana.
Xa vos contarei outro día como foi, cando teña a crónica do evento, e xa porei algunhas fotos, que agora non teño.

2 Aportacións dos visitantes:

  • Arrrg! Vodas! Teño 6 este ano! Pero non se supón que cada vez se casa menos xente!!! Que me tocan todas a min?

    Por Anonymous Anónimo, ás 8/5/06 12:38  

  • Cando penso nas vodas, vénme á mente a escea do "Padrino" e a voda da filla "Connie" (vaites co nome) e vexo ás familias como se fosen mafias en pequeno, cun xefe (en Galiza xefa), o primo tonto, o primo listo, o forte e o ghuaperas. As pamelas e traxes rosa das señoras, que pasan unha friaxe do carallo, e os homes na porta da igrexia fumando e falando de política e fútbol. O de falar en voz baixa é tan típico como esto que che digho eu. É pra contestárlles a esas mulleres tan beatas de calquera xeito e dicirlles que unha voda sen murmullos na igrexia é como unha noite de vodas sen ...

    Por Anonymous Anónimo, ás 15/5/06 12:06  

Enviar um comentário

<< Home


 
ecoestadistica.com