Equipa presidencial de rezo
As novas na rede móvense en ondas. Xa era sabido.
Onte, via IM, o amigo Voloi mandoume unha ligazón ó meneame (xa sabedes, como o Chuza! en castelán) para unha historia que falaba do Linux, esa ameaza para o Grande Imperio, xa traducida ó castelán. Hoxe, á mañá, antes ainda de que eu a traducira ó galego, atópoa no blogue Estrela Negra, (un choio menos para min).
Non penso que sexa un fraude, porque vendo a páxina do tal turned-off-brain-Shelley, atopo outra xoias similares. Non me vou parar no marabilloso comentario sobre sexo oral (Oral sex: Moral Decay) que ben lle chega, prefiro falárvos do rezo organizado.
Á fin, xa sabemos porque os EU son o maior imperio do mundo: A Equipa presidencial de rezo.
Nun pais tan relixioso coma os EU, non podían desbotar unha parte tan importante do seu potencial, e teñen organizado o rezo "Mobilizando millóns de americanos para rezar a cotio polo Presidente, os nosos Líderes, a Nazón e as nosas Forzas Armadas"
Mesmo teñen merchandising para apoiar a equipa, ainda que isto non é nada novo. A miña aboa trouxerame un ladrillo pequeniño no que se lía: en Fatima recei por ti.
Nesta fotografía podedes ver ó noso Líder Mundial. Semella que está a pedir desculpas, eles puxeron a foto como se estivera a rezar. A verdade, eu penso que esta foto é coma aquela de Fraga na que aparecía a durmir no Parlamento. ¡Moito descanso precisan os grandes líderes mundiais!
Mais nada, irmáns.
Que Deus vos bendiga, e tereivos presentes nas miñas oracións.

4 Aportacións dos visitantes:
Estos estadounidenses estanche moi tolos, e o problema é que son unhas cantas persoas as que se creen estas cousas.
Pero vamos, hoxe á noite unireime ao PPT e rezarei por Bush, polos EUA e por Aznar que tamén o merece :).
Por Anónimo, ás 29/4/06 13:49
Non vinha mal que se rezase un pouco para que o home recupere o sentidinho. Se e para iso estou disposto a rezar.
Mui bo o dos inmigrantes europeos tan perversos.
Un saudo.
Por acedre, ás 29/4/06 15:09
Eu tamén vou a rezar pero neste caso por LINUX, Porque supoño que isto das oracións debe ser coma os xogos, canto mais rezas más posibilidades tes de gañar, non sei como fai Deus para puntuar as oracións pero se uns rezamos por Linux outros rezan or Windows, que Gaña?. Xa non me lembraba que Linux é satánico, claro rezmos a Deuses diferntes.
Biquiños
Por Anónimo, ás 29/4/06 16:21
Están tolos estes americanos, xa non saben que facer...
Graciñas por visitar o meu blogue!
Por David, ás 29/4/06 19:35
Enviar um comentário
<< Home