Mais V
Eu tamén fun ver V esta fin de semán. Aproveitei que a pasaba en Vigo para ir ó cine, entre outros, con Turuto.
Gustoume. É certo que xa van moitos anos que lin a obra orixinal, (agora contarei cantos) pero polo que eu lembro, a mensaxe está mais preto do que eu agardaba dos Wachowski.
Lera V hai 15 anos, cando estaba estudando COU. E no mesmo ano tamén lin Watchmen. Fun beneficiario da "Beca Turuto para o desfrute da Banda Deseñada".
No entroido, como bos frikis, disfarzámonos de V. Estáme mal o dicilo, pero estaba bastante ben feito, ainda que a única imaxe existente non faga xustiza.
Puxemos o traxe dúas veces, pero á segunda volta, como xa sabian que eramos nos , puxemos por baixo este outro disfarce: o de Rorschach, a personaxe de Watchmen.
Algún dirá que somos moi frikis. Non llo vou negar, somos bastante esaxerados.
O pior, é que o traxe de V o levaba tamén outro que viña con nos, e non lle dixéramos que levábamos o de Rorschach debaixo. Si, tamén é verdade: somos un par de rabudos.
Houbo só unha persoa entre a xente que atopamos, unha rapaza, que recoñecera as persoaxes. E claro, soubo que os Rorschach eramos os mesmos que antes eramos V. ¡Case tan friki coma nos!

2 Aportacións dos visitantes:
SOY ROSS PEROT, Y CERTIFICO LO DICHO ANTERIORMENTE.
YO ESTUVE ALLI!!! JAJAJAJAJ
Por Anónimo, ás 28/4/06 14:56
Pois eu dou a noraboa por anticipado e con retraso polos disfraces, tentarei esta fin de semana longa poñerme ao dia da Vendetta en cuestión...parece que non me entero das cousas cando pasan, anque fai 15 anos nin aos 15 chegaba.
Saúdos mocetón.
Por besbe, ás 28/4/06 18:29
Enviar um comentário
<< Home