Apocalipse do porco

21 abril 2006

o domingo é 23 de abril

Lembro, lendo o blogue de torredebabel, que o domingo é o dia do libro. Xa tamén avisaran Eva e Melo .

Os que me coñecen de mais lonxe, a miña familia, tíñanme de neno polo que chaman un rato de biblioteca. Foi se cadra a primeira manifestación da miña intensidade compulsiva (a ultima seica é este blogue).

Cando estaba a ler botábame días enteiros sen facer outra cousa, sen sair da casa. Sentaba polos sofás da casa, pasaba dun cuarto a outro tirábame no chan, deitábame na cama. Puña música, a quitaba. Queimaba as pestanas, pero mataba ó libro polo camiño. Se cadra é unha consecuencia da miña curiosidade: ¿que pasa despois? ¿como remata o tema? Tampouco o remate me chegaba, quedaba cunha saudade por perder a compaña do libro que matara, de aí me ven, supoño, o gusto polas series de libros, que rematan e voltan comezar.

Por isto, o día do libro, cos seus descontos nas librerías, era un día grande para min. Saía a rua e revolvía os anaqueis das librerías, sen falar con ninguén na percura dalgún tesouro agochado.

Este é un costume que perdín, pero seica esta fin de semán mercarei algo de Banda Deseñada en BD! a ver se volto ós vellos costumes.

A foto é unha parte da miña libraría adicada á banda deseñada.(moito medrou este ano)

Recomédovos, se non é o voso costume que lle fagades gasto ós libreiros que perden de descansar por vos vender algo de cultura. E lembrade que mercar nas librerías tradicionais favorece á pluralidade e a non concentración das canles de distribuzón. Só por poñer un exemplo, lembrade o que pasaba en Galicia na dictadura, e como os libro seguían chegando ó que estaba interesado, ainda que fora ás agachadas. (Pero isto é tema para outro día)

2 Aportacións dos visitantes:

  • Sempre me gustou o dia do libro e o dia das letras galegas. Non sei polo que pero eses dias estaba mais contente do normal.
    Onde estou agora non se celebran estas datas pero xa sabes que aqui sempre se poden topar libros baratos.
    Un saudo.

    Por Blogger acedre, ás 22/4/06 04:50  

  • Ghanito: tenho un problema. Non deixo de cantar "Amo a Laura". Que podo facer ?.

    Por Blogger acedre, ás 22/4/06 07:13  

Enviar um comentário

<< Home


 
ecoestadistica.com