Чернобыль: Chernobil
Mañá fan 20 anos do accidente de Chernobil.
Non vou falar da enerxía nuclear, porque é un tema no que o meu descoñecemento podería encher océanos, pero quero lembrar ós herois de Chernobil.
Despois do 11 de setembro (o do 2001, non o do 1973) os medios americanos, e do resto do mundo, fixeron unha louvanza extrema dos bombeiros de Nova York. Tiñan razóns, eles e moita mais xente arriscou a súa vida desinteresadamente.
¿E os bombeiros de Chernobil? Poucas veces vin na televisión que se falara desta xente, e mais dos "liquidadores", a xente que limpou a zona e construíu o sarcófago. Dos bombeiros non veredes fotos actuais, morreron todos. Dos liquidadores, non sei se algún non ten cancro, moi sano non debeu ser facer ese traballo.
Seica non lles contaron o perigo real do que estaban a facer, (non lles contaron que iban morrer todos, vaia) pero supoño que saberían que era algo moi perigoso. Un deles contaba que sentira un gosto a metal e como unha chea de agullas na cara. Con menos diso, na marvel facían un superheroi. ¿Que faríades vos no seu caso? ¿Subiríades ó alto da central para tentar apagar o lume? A ninguén se lle pode obrigar a tanto sacrificio. (E pensade que esta xente con cría nunha vida alén da morte)
Esta foto pequena é dun monumento ás vitimas da traxedia.
4 Aportacións dos visitantes:
O comunismo e Unión Soviética son temas bastante controvertidos, nos que nin todo e claro, nin todo é oscuro. O que sí se pode dicir sin temor a enganarse é que os cidadáns daquel macroestado estiveron máis de unha vez moi por enriba do que se lle pode esixir a unha persona normal , como ben dis, sin ter fe ningunha en Deus, mais conscientes de que o seu sacrificio revertiría en beneficio dos demáis. Claro que Hollywood, do que pase fora do universo americano, pouco se entera.
Por Anónimo, ás 25/4/06 19:56
A verdade e que estamos na orbita estadounidense e enteiramonos do que queren eles.
Os bombeiros rusos eses merecian mais ca un monumento.
Estou aprendendo muito contigo, Ghanito.
Un saudo.
Por acedre, ás 26/4/06 04:17
Podemos ir preparándonos porque a enerxía nuclear vai ser o que nos quede, xa que as ecolóxicas non dan de si, e o petroleo xa sabedes que se está a esgotar. A isto chámolle eu previsión enerxética.
Consumide menos ou alomemos non malgastedes.
Bicos a todos.
Por Anónimo, ás 26/4/06 09:37
Grazas polos comentarios.
Acedre, xa mandarei o pago que acordáramos por falar ben de min. ;-D
Por Ghanito, ás 26/4/06 18:02
Enviar um comentário
<< Home