Apocalipse do porco

30 abril 2006

Partido en Riazor

Como xa saben os que me coñecen, non son "fuboleiro". Porén, son celtista.

Por iso, cando chegou o partido co Deportivo pregunteille a un coñecido se tiña sitio no seu palco para onte.

Xa saberedes que o partido rematou 0-2, o Celta, ainda que na primeira parte xogou bastante mal, tivo a sorte de cara e marchou para casa cos 3 puntos.

Eu quedei encantado co resultado e tamén ca experiencia do palco.
Ver o partido nun asento cómodo , cando eu estiven 10 anos de neno sentando no cimento en Balaidos, foi un bo cambio.
Tiña ós celtarras case enriba de min, e sentíame como na casa. Dicir que os deportivistas cos que vin o partido foron moi agarimosos (pouco se puideron meter comigo no medio tempo, que xa gañaba o Celta). Ainda así contivenme bastante, non celebrei os goles.

A sensación mais estrana, foi polo camiño ó estadio, só arrodeado de deportivistas, cas súas camisolas, non era medo, pero foi unha sensación rara, como de estar fora de lugar.

A segunda foto é do pasillo de entrada ós palcos, téñeno montado a todo trapo, con azafatas e todo. Mágoa que, o ano que ven xa ameazaron con non convidarme, seica non lles trouxen sorte. (sempre andan dicindo pro ano que ven, e chega outro ano e pasa tamén)
E coma sempre, o de sempre...

3 Aportacións dos visitantes:

  • O Celta non fixo un bo partido, mais o Dépor tampouco. A diferenza foi que o Celta ten definición arriba e o Dépor non. Penso que o 0-0 sería máis xusto, mais que se lle vai facer. Aínda que me pese, parabéns ao celtismo ;).

    Por Blogger David, ás 30/4/06 13:55  

  • Eu non son nada futboleiro, pero nadinha, eh?. Se ainda fose feminino para mirar boas pernas...
    Bueno, que eu so fun unha vez ao Balaidos de rapaz cun amigo que era socio e flipei co ambiente e un vellinho que berraba Celtiiiiiiiiiiiiinha.
    Esa foi a primeira e ultima vez que fun a un partido de futbol.
    Un saudo.

    Por Blogger acedre, ás 1/5/06 04:09  

  • Bueno pese a que soy de Vigo yo como soy del Barça de baloncesto pues tambien soy del Barça de futbol.
    Futbol solo veo los partidos de este equipo y es que el basket es el mejor deporte del mundo.
    Espero recibir una alegria de la NBA tras el desastre de este fin de semana en la final four de baloncesto.
    Go Pistons!

    Por Blogger zeke, ás 1/5/06 11:27  

Enviar um comentário

<< Home


 
ecoestadistica.com