Domingueiros
O domingo estiveron aquí varios amigos e aproveitamos o bo tempo para dar un paseo ate Santa Cruz, mesmo dimos unha volta ó redor do castelo.
Non andivera ainda por alí e foi un "estupendo paseo domingueiro".
Despois comemos ó lado mesmo da praia nun restaurante.
Falamos mil cousas, como fan os vellos amigos, de despedidas de solteiro, de nenos, de sexo, de calquera cousa...
Pero ós poucos a conversa foi centrandose no servizo do restaurante. Sentámonos ás tres menos vinte, tardaron bastante en nos server, pero estaba dentro do que eu atopo normal, as catro acabáramos co segundo prato e decidimos non tomar cafes nin sobremesas. Pedimos a conta.
Cando xa a pediramos tres veces, ás catro e media pasadas, levantámonos, entramos e pagamos na barra.
Se vai sol e pos unha terraza, fai favor e pon camareiros tamén. Non pode ser que os pobres homes andiveran a mil sen dar atendido á xente.
Despois de pagar (ainda non sei porque non marchamos sen pagar), fomos tomar un xelado á xeladería Colón (incrible o de iogur de plátano) e á Fundación Caixa Galicia á exposición de Diego Rivera.
O itinerario previsto fai unha visita por todo o edificio, que ainda é descoñecido para a meirande parte dos visitantes (nós tamén claro) e inclúe a subida no ascensor exterior, baixando despois pola escaleira.
Defraudoume un chisco, porque as salas parecéronme algo pequenas para as exposicións que tiñan dentro. se cadra é porque non teño moita idea.
Si que me gustou, como bo pailán, o paseo no ascensor, que ten unha porta na fronte (seica é para sair nun soto) e semella que vai abrir no pior momento.
Non llo recomendo ós que teñan moita vertixe. As exposicións si, que teñen que subir só catro pisos.

3 Aportacións dos visitantes:
Pasámolo ben.....Boa comida, boa compaña......en fin colegueo.
Á volta viñemos xogando a averiguar cancións no ipod de Turuto.... barreunos o cabrón. Xogaba con vantaxe.
Gústanme este tipo de domingos
Por Anónimo, ás 3/5/06 19:29
Eu tinha ganhas de mirar o castelo ese que recibiu un premio pola sua restauracion. Bueno, mais que miralo posuilo. Logo invitaria aos amigos a xantar ali.
Por acedre, ás 4/5/06 13:39
O castelo recibiu un premio pola súa restauración? Que cousas, e eu sen enteirarme...
Ghanito, creo que xa sei onde xantaron, e se creo ben, non se estrañe do mal servizo. En realidade os donos do local dedícanse máis ben..., á fariña, non sei se me entende. E aí no restaurante o que fan é deixala ben branquiña, non sei se me entende.
Por Plattdorf, ás 9/5/06 14:24
Enviar um comentário
<< Home