Boas Novas
Non todo van ser malas novas.
Compensando o relato do Roi aqui deixo o evanxelio, a boa nova (na que tamén hai un apocalipse, non esquezamos)
Xa se lanzaron ó ciberespacio os rapaces de Banda Deseñada (Vigo) Eva e Melo han dar guerra a domicilio, non só na súa tenda do Calvario.
Decatádevos que a foto Google está ó reves que o plano. Porque o plano o fixo á ida e a foto á volta. Que é un satélite moi viaxeiro. O punto vermello tíveno que poñer eu.
Outra boa nova:
Segundo o batería de Manos de Topo, o inesquecible, inesgotable, inestable e inestimable Rafael, seguramente estean na cidade olívica (que bonito, parezo o dos deportes da Galega) en maio, en data e local sen confirmar.
Poderemos ver a Rafael, esta vez sen chapeu e aporreando a batería.
deixovos unha foto dos tales ghichos.
3 Aportacións dos visitantes:
¡Hai que facer forza rapaces! Que será por mor do aniversario da DOT do David que todos coñecedes e tocaríamos tamén o Roberto ollos vermellos do my opera do Ghanito e mais eu, Jandrix que xa tocou na Iguana e segue a falar de igual a igual con todos vós, simples mortais... (tedes que comprender que a estas horas ou introduzo carnaza para que alguén agás min mesmo participe ou deixo de escribir e me poño a ver a porno dalgún canal destes alterno-cocho) e a todo isto podedes visitar a ligazón de Portrait, un pouco cutre pero velaí a está.
¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡A ver se alguén máis se anima carallo, que isto parece que é cousa de dous mais un!!!!!!!!!!
Que vos medre, rapaces.
Por Anónimo, ás 25/1/06 02:56
O maior impedimento para que actúe Oscar esvaece se está manos de topo. Boa idea. Non sei o que pensarán eles. ¿Terán temas para dar un concerto?
Por Ghanito, ás 25/1/06 17:01
benvido sexa ese novo blog de banda deseñada..............
a ver se os que non somos freeks aprendemos algo de comics, tebeos, bandas deseñadas ou como queirades chamarlle.ALUMEADENOS
Aser
Por Anónimo, ás 25/1/06 20:03
Enviar um comentário
<< Home