Apocalipse do porco

25 janeiro 2006

P C

As iniciais de Paramount Comedy.
Hai anos, cando nos dician que acabaríamos pagando para ver televisión eu soría mentras pensaba: "pagarás tí, parvo". Anos despois, tras unha campaña conxunta dos programadores de toda-las canles, hei recoñecer que, para poder a televisión cando te peta sen ter que ver unha programación as mais das veces apodrecida, a mellor opción é pagar. Habería outras opcións, pero hai tempo que descartei a loita armada.(Prometo ver la alegría/Escarmentar de la experiencia/Pero nunca, nunca mas/Usar la violencia)

Entre as canles de pago, unha das miñas favoritas é Paramount Comedy, que ven sendo a mellor canteira para cómicos en España.
Dentro desta canle destaca o cuarteto de Albacete: Joaquín Reyes, Ernesto Sevilla, Raúl Cimas e Chape. Os catro son coñecidos desde antes de se dar a coñecer.
Tres de eles cometeron o mesmo erro que algúns que eu coñezo de estudar Belas Artes, o último cometeu outro erro habitual, é profesor de educación física. (Non debía haber mais carreiras).
Dentro do programa La Hora Chanante, gran exito da canle e tamén de internet aparecen as persoaxes de Capitán Sevilla e Centurión Chape, podedes coñecer a súa viril amizade aquí.
E xa rematando este espacio de publicidade gratuíta deixovos unha última ligazón, dubidei poñela, pero espero que non a vexades en horario para nenos.

A imaxe é Joaquín Reyes debuxado por el mesmo.

2 Aportacións dos visitantes:

  • Eu ata fai ven pouco tamén pensaba que era unha parvada o de pagalas canles de TV... ata que agora, en Navia, podo ver 24 horas cartoon network; é unha gozada.

    Por certo, que o video da última ligazón é moi divertida, farteime a rir.

    Almu.

    Por Anonymous Anónimo, ás 26/1/06 16:21  

  • Máis cousas non aptas é o que precisas para que a xente participe, claro que sí!!!!
    Por certo, ata que eu teña canles de pago e me enganche, que saibades ambo-los dous que sodes uns tecnócratas.
    Digo eu.
    Bicos para elas e abrazos para eles.

    Por Anonymous Anónimo, ás 27/1/06 13:58  

Enviar um comentário

<< Home


 
ecoestadistica.com