Apocalipse do porco

05 fevereiro 2006

Cronicas sociais de Narvia.








Non todo foron post perdidos onte, tamén estiven nunha festa anual que vai xa pola trixésimo terceira edición. A entrega dos premios Turuto.
A emoción non está en quen os recibe, que sempre é o mesmo, senon en saber se lle van gustar ou non.
Outra das cousas que cambian son os asistentes i este ano tamén, como novidade absoluta, a convocatoria, que non se fixo telefónicamente senon neste humilde recuncho da rede.

Despois disto Apocalipse do Porco non podía facer outra cousa que enviar alguén para cubrir o acontecimento social do ano en San Paio de Narvia para facer esta crónica.

Os anfitrións, Turuto e Almu non mercaron Pandilla Drakis, pero non se botaron de menos, isto de ser maior afecta tamén á dieta. Mellor así.

Fallou, dos habituales na lectura o Jandrix, tamén coñecido como o comentarista incansable, ainda que últimamente debe andar liado que nos ten moi abandoados. Seica a gravación de Portrait estalle a ocupar todo o tempo. ¡Volta Jandrix!¡Non caias no lado escuro!


Un dos que si estivo foi Roi, algo mais recuperado do ataque do "Farruquito", porque estivera peor do que eu pensaba ó principio.

Aquí tendes o seu pe, ainda mellorando.


A dereita podedes ver que o rapaz levaba muletas.

Se cadra o fai todo para pedirlle mimos á Emma, peor imos pensar que non.


Estiveron tamén os responsables de Banda Deseñada!, que o sábado tiveron triple sesión de Ghanito: mañán, tarde e noite. (Xa teñen agora un par de semáns para descansar)

Polo de agora imos deixalos parcialmente no anonimato, pero aquí están.


Mención especial para un dos integrantes dos "Vilas People", concretamente o policia moteiro. Chegou tarde e sen barbear, ¡así está o pais!

O resto, delincuentes habituais todos, Marta, Patri, o Xudeiño, Aser, Irene, Mariquita e mais eu.

Rollo tranqui, non se proxectou Dracula Negro e non houbo desgracias que lamentar.

Botouse en falla á cohorte estranxeira, Talonso, Dani (e Patricia, que xa sei que lee isto) e Rafiel.

Xa para rematar un AVISO:

Patri, se tes algo que dicir, deixa un comentario, que eu leo todos.

1 Aportacións dos visitantes:

  • se huele en el ambiente una fondue de chocolate?
    siiiiiiiiiiii.
    Esperamos con impaciencia que turuto remate os seus compromisos laborais para meterlle o dente a esas froitas bañadas en chocolate neghro
    Xa vedes a dieta cambia ainda que non sempre para máis saudable.saudos a todos.
    aser

    Por Anonymous Anónimo, ás 6/2/06 20:05  

Enviar um comentário

<< Home


 
ecoestadistica.com