Apocalipse do porco

03 fevereiro 2006

Só non podes, con amigos...SI

Xa no-lo dician na Bola de cristal, hai que traballar en equipo para lograr o imposible.

O mundo evoluciona, e na actualidade téndese ó traballo en redes mais que en estructuras piramidais. A rede resiste mellor o caos da vida que a estructura monolítica.

Exemplos disto hainos a moreas, pero este post nace dun correo en concreto que enviou o Roi ó meu novo enderezo. Non puido haber mellor estrea.

Un grupo de xente espallada polo mundo fai que nunhas horas, calquera persoa que teña un ordeador e unha conexión á banda ancha poida seguir a serie LOST ainda que só fale castelán, porque pode atopar na rede, subtitulados nesta língua, os episodios da serie PERDIDOS emitidos pola cadea ABC.

Deixo aquí a ligazón ó relato completo do proceso. Pareceume moi emocionante e inspirador.

E xa apago, porque marcho para Vigo.

0 Aportacións dos visitantes:

Enviar um comentário

<< Home


 
ecoestadistica.com