Apocalipse do porco

02 fevereiro 2006

Standard Oil

A finais do século dezanove a lexislación antimonopolio inventouse nos USA para combater ó señor Rockefeller e á súa Standard Oil. Estaban a quedar con todo o mercado do petroleo.

Hoxe a besta é Microsoft, non sei o que pasará...

Pero aquí todo o que pode tenta copar o seu espazo, os rapaces de
están arrasando entre os percuradores, cunha altísima porcentaxe de percuras ó seu través.

Están facendo un bo traballo. ¿pode haber queixa de que o fagan ben?

O único que se pode dicir en contra é a actitude cos reximes dictatoriais coma o chinés.

¿Porque falo de Google?

Dende hoxe xa non son un usuario captado polo exercito monopolístico de Google.

Dende hoxe vendín definitivamente a miña alma ó Demo-Google por unha conta Gmail cunha capacidade de 2690Mb e medrando.




Xa vos contarei que tal funciona, e se vale a pena...

¿Para que queredes a vosa alma, se xa non a usades nunca?

Quedades convidados ó inferno.

0 Aportacións dos visitantes:

Enviar um comentário

<< Home


 
ecoestadistica.com