Apocalipse do porco

28 janeiro 2006

Nome noxento

A canle CUATROº, ten un programa chamado "6 PACK".

¿Pagáronlle a alguén por ese nome?

¿Cal é a mensaxe que pretenden transmitir con ese nome?

Só vin unha vez o programa, meteron a un rapaz, agochado nunha maleta no maleteiro dun autobus para ir non sei onde.

Non sei que tal está, porque co pouco que vin non me enganchou, pero tampouco vou dicir que sexa tan merdento como penso que é o seu nome.

Dito isto, vou poñer unha ligazón a un video do programa.

Incongruencia, diredes.

Non, xa digo que non o coñezo case nada pero este video, que igual coñecedes, é moi bo.

Unha incursión na lobrega cova onde os piratas teñen a súa gorida.

¡Treme, Teddy!

2 Aportacións dos visitantes:

  • Fixemos cando cambiamos aquela televisión vella por este rapaz. E ainda fixemos mellor cando deixamos que marchara por eses mundos adiante a sacar unha carreira, traballar, aprender un idioma...

    Grazas pola clase de estranxeiro.

    És case mellor que traidor automático.

    Case.

    Por Blogger Ghanito, ás 29/1/06 13:58  

  • Cando digo fixemos quero dicir que fixemos ben, claro.

    Por Blogger Ghanito, ás 29/1/06 13:59  

Enviar um comentário

<< Home


 
ecoestadistica.com