Apocalipse do porco

25 janeiro 2006

¿Por qué?

É unha pregunta con moita tradición.

Mesmo lembro unha canción de Bronsky Beat chamada why?.

Non se trata diso, non pregunto pola vida, o universo e todo o demais.

É mais sinxelo, ¿Porqué escribo este blog?

¿Será para me entreter?

¿Será porque quero ser gracioso?

¿Será para que os amigos saiban de mín?

¿Non terei outra cousa que facer?

Pois non.

Non é nada diso.

O motivo de que escriba o blog é algo que convirte as cousas nun exito as mais das veces.

Fago isto...





PORQUE É GRATIS.

E logo, ¿que pensábades? ¿Acaso aquí non triunfa todo o que é gratis?

Pois iso.

0 Aportacións dos visitantes:

Enviar um comentário

<< Home


 
ecoestadistica.com