Apocalipse do porco

30 janeiro 2006

Vivir para ver

Alguén soñou co Roi dicindo que pensaba en alistarse. ¡E ten que pensar nos impedimentos para descartalo!
Nada, vivir para ver.

Hoxe, á mañá escoitei falar a este home.

Decatádevos que dixen que o escoitei falar, non que o vira. Porque non escoitei nin vin o tal Tom Selleck, ó que escoitei foi a Miguel Pernas. Hoxe coincidín con el no meu traballo.
É moi curioso que sendo el actor non atopara fotos súas na rede. Tampouco busquei moito, todo hai que dicilo.

Non me pasou coma cando falei con Josele, que parecía parvo, (Eu, non Josele) pero fíxome gracia oirlle a voz. Xusto despois estiven con outro actor de doblaxe. Recentemente fixo as campañas publicitarias de "la Caixa" de Pensions en Galego. Terían unha reunión por alí, ou casualidades.

Remato o capitulo de hoxe cunha ligazón que non teño idea do que vos parecerá. Requiro o voso comentario, coa crítica dos que teñan idea.


É a páxina de flickr dunha rapaza de xapón, Tamjpn. Aterrei nela surfeando e gustáronme as fotos.

Na páxina dunha amiga súa atopei esta foto de Estocolmo. Esta outra rapaza percorreou boa parte do mundo. !Viaxa coma se fora da familia do Dani!
Decatádevos de que o coello é un autocolante, non viña no sinal orixinal.

0 Aportacións dos visitantes:

Enviar um comentário

<< Home


 
ecoestadistica.com