Apocalipse do porco

29 janeiro 2006

Erro desafortunado

Pois si, foi un erro no facer o servizo militar obrigatorio.

Ultimamente lin na rede que Mr. Ansar suprimiuno cando xa lle ía tocar a un fillo seu. Non o sei, e a verdade é que carece de importancia, alomenos para mín. O caso é que entre inutiles e obxectores aquí pouca xente fixo a mili (refírome ós que sei que algunha vez entrades aquí). Incluso o meu irmán librouse por "exceso e cupo". O seu foi o derradeiro ano, se lle tocara hoxe...

Ben, o que tentaba diciros, é que foi un erro.

Si, foi un erro non ingresar no exercito. Coñeces mundo, tes tema de conversas interminables para o resto da túa vida e abríanse grandes oportunidades de enriquecimento persoal.

Si, non estou de coña, enriquecimento persoal, porque ollade o que pasou o pasado ano no exército británico.

A verdade, é moi comprensible que colapsaran a súa rede vendo o tal video.

Pero se pensades que é cousa dos británicos que sempre foron un pouco raros (podedes preguntarlle ó Dani ou ó Turuto se o dubidades) pois non. Tamen o exercito noruegués ten o seu video, pero eles crearon a súa propia letra para o coñecido tema Kosovo con música dos Beach Boys.

Asaltanme dúas preguntas:

1.- ¿Que agarda Bono para facer un video ca cabra? Non estou falando de U2 e propoño algún tema de Rocío Jurado ou da Pantoja.

2.- ¿Esto é o que fan ós soldados cando van en misión humanitaria?

2 Aportacións dos visitantes:

  • Eu tamén estou pensando en facerme militar, con este tempo de reflexión ò q me vexo forzado, por razóns ben coñecidas por todos, cheguéi a conclusión de q non podo alistarme, q non? Estou en pleitos coa xustiza, son un pouco indiciplinado, dou positivo en drogas e por riba de todo non dou a talla.
    O caso è...
    a ti non che saiu mal a prestación social....

    bicos a todos

    Por Anonymous Anónimo, ás 30/1/06 19:50  

  • voloi.
    quen non...

    Por Anonymous Anónimo, ás 30/1/06 19:51  

Enviar um comentário

<< Home


 
ecoestadistica.com