Apocalipse do porco

12 maio 2006

Expansión territorial

O universo está a medrar desde o Big Bang, e tamen está expandido, ainda que desde hai menos tempo Caixa Galicia "A Nosa Caixa".

Como o señor Méndez é moi galleguista tira pola nosa economía pero sobre todo pola nosa cultura, nomeadamente pola nosa lingua. Pero que non tire tanto, que no-la vai arrincar.

Vede a foto dunha oficina da Caja de Ahorros de Galicia, porque digo eu que será esa entidade, ¿non si?

Podedes ver nestas ligazóns mais detalles da súa expansión.

¿Imaxinades que "la Caixa" cambiara o seu nome en catalán por "la Caja"?
Pois iso, cághala.

¿Deixan de entender en León que é unha caixa de aforros se pon Caixa Galicia? ¿Deixan de pensar que é unha entidade galega se o pon en castelán? Non entendo porqué fan este cambio. De verdade, non o entendo. Se alguén o entende, que faga o favor de mo explicar. Agradecereillo.

Via la nevera 61.

7 Aportacións dos visitantes:

  • "La caixa" entendese fora de Catalunya pero "Caixagalicia" non se entende fora de Galicia...enfin, notase a diferenza entre galegos e catalans e asi nos vai.
    Boa fin de semana.

    Por Blogger acedre, ás 13/5/06 17:19  

  • non cabe procurar explicación ao que non o ten. Exemplos haichos a esgalla e só con entrar en calquera sucursal. De feito se puxeran Caja Galicia serían ben máis coherentes

    apertas

    Por Blogger Nemeth, ás 13/5/06 17:51  

  • pois non o entendo, porque xa vin sucursais de Caixa Galicia por toda España e nunca vira unha co nome en castelán...

    Por Anonymous Anónimo, ás 14/5/06 09:42  

  • saberedes que mentres d.Julio Fdez.Gayoso consta nos organos de dirección da CECA en representación de CAIXANOVA , o señor Mendez e de Caja Galicia . www.ceca.es/CECA-CORPORATIVO/es/info_b.html. buscade en consejeros generales.

    semita

    Por Anonymous Anónimo, ás 14/5/06 17:50  

  • En Madrid é Caixagalicia. Será que en León é menos doado de pronunciar. Ou que a fama de cabezóns déixalles menos luces para leer en galego que para mandar en Moncloa. Haberá que engadir á lista de misterios do Universo, como o do Big bang ou os buracos negros, o de Caixa Galicia en León.

    Por Anonymous Anónimo, ás 15/5/06 11:28  

  • Caixa Galicia comezou a expansión fora do país mercando a Caja Rural de León.

    No acordo de compra as autoridades Castellano Leonesas impuxeron que o nome comercial en Leon sería Caja Galicia León.

    No resto do Estado é Caixa Galicia. Por certo esta empresa ten chegado a un acordo coa Mesa pola Normalización e estase implantando o galego paso a paso.

    En todo caso penso que o nome mais acaido seria: BANCO DE MENDEZ.

    Caixanova é pior, nin sequer asinou nada coa Mesa. E para esperpento a intervención de Julio Fdez Gayoso (a momia) integramente en español.

    Por Anonymous Anónimo, ás 13/10/06 13:25  

  • Que eu saiba, a única entidade galega na que se da a coincidencia de nome legal co nome comercial, e ambos en galego, é CAIXA RURAL GALEGA.
    O nome legal de Caixa Galicia (ou Banco Azul como eu lle chamo) é CAJA DE AHORROS DE GALICIA, aínda que firmara moitos acordos coa Mesa.
    O de Caixanova, creo, é CAIXA DE AFORROS DE VIGO, OURENSE E PONTEVEDRA.
    Ou sexa que, aparte de Bco. Pastor, Bco. Etchevarría e Bco. Galicia, só usa o seu nome legal como comercial a Caixa Rural Galega.

    Por Anonymous Anónimo, ás 2/12/07 19:06  

Enviar um comentário

<< Home


 
ecoestadistica.com