Apocalipse do porco

08 maio 2006

Grizzly Adams

Onte estaba vendo na televisión Perseguido, protagonizada polo gobernador de California (non lembraba que fora de serie B, ¡mais era!) e nun diálogo mencionaron a Grizzly Adams.

A miña muller non a lembraba, pero eu si, era unha serie que poñían os fins de semán cando eu era cativo.

Un home escapa ó monte acusado dun crime que non cometera (que orixinal) no oeste dos E.U.A. e alí atopa un oso cativo que quedara orfo e o adopta salvandoo de morrer de fame. O oso converteuse no seu compañeiro.

A serie saira dunha película que á súa vez estaba baseada nunha historia que ocorreu na realidade (mais ou menos, como fan en Hollywood). Na serie o ghicho tiña outros dous compañeiros, un vello e un indio, seguramente porque o oso non lles daba bos diálogos.

O actor protagonista era Dan Haggerty, que tamén era un ghicho curioso de seu:
Fora culturista ó comezo dos sesenta e montara as motos da película "Easy-Rider" e a súa foi a única estrela que retiraron do paseo da fama de Hollywood.
Ten truco, a estrela era para Don Haggerty e trabucáranse na letra, mais adiante déronlle a súa propia estrela.
Co tempo Dan Haggerty mesmo vendeu o seu propio prebe como fixera tamén Paul Newman.

Este tipo de cousas son as que me van facendo sentir vello.

Ollo, só ás veces.

5 Aportacións dos visitantes:

  • eu lembro esa serie! ou cando menos lembro que me gustaba :)

    Por Blogger ictioscopio, ás 9/5/06 01:20  

  • Eu teria que lembrala pero eu non miraba muito a tele asi que nada.
    Curioso o da estrela de Hollywood.

    Por Blogger acedre, ás 9/5/06 06:22  

  • Este non era o de Zebulon Makeijan?

    Por Anonymous Anónimo, ás 13/5/06 06:07  

  • Non, esa era "La conquista del oeste"

    Por Blogger Ghanito, ás 13/5/06 10:44  

  • Que che fai sentir vello!!

    Arre carallo!! O que tés é una memoria prodixiosa. Eu só me lembrei cando mirei esa foto do "Grizzly" ó que só lle falta ruxir.

    A máis de vello, xa me escomenza o Altzeimer. A serie que máis me gustaba e da que non me queda nada de nada nos miolos era "La frontera azul". Chinés vai, chinés ven. Espadas, bandeiras e cabalos. Case que un far west ó estilo chinés. Ou era nipón??

    Definitivamente vou vello.

    Por Anonymous Anónimo, ás 15/5/06 11:53  

Enviar um comentário

<< Home


 
ecoestadistica.com