Manga na PSP
Xa hai unha páxina xaponesa na que se pode descargar banda deseñada para ler na PSP.
Se cadra ainda é cedo para que vexamos ameazada a existencia da banda deseñada en papel, o mesmo que ocorre cos libros só de texto, porén cando haxa un trebello que deixe ler dun xeito mais confortable que o que agora hai e que sexa mais doado de levar dun lado a outro...
Coma os libros, pero con capacidade de almaceamento maior nun espazo menor.
Saquei todo isto dun comentario de Álvaro Pons no que reflexionaba no futuro das pequenas editoriais adicadas á publicación de material baixo licenza estranxeira en España cando se poida vender directamente en cada lingua na rede.
A xente que comentaba despois sobre isto falaba tamén do intercambio de banda deseñada escaneada que xa hai hoxe entre grupos de amigos.
Eu non sei se me darei afeito a estes cambios da banda deseñada, que ainda son do século pasado, pero mira ti o que pasou ca prensa diaria e a rede...

3 Aportacións dos visitantes:
mentres que só sexa manga e non david rubín, todo ben... hahaha
Por Anónimo, ás 10/5/06 08:48
Yo necesito que se sigan talando arboles.
Los tebeos y libros en papel.
Por zeke, ás 10/5/06 12:48
Tamén a tv e o video ía rematar có cine e xa vedes ........cada vez fanse pelis máis caras e siguen a recaudar a de dios. Cada cousa é para o que é .
Por Anónimo, ás 11/5/06 18:42
Enviar um comentário
<< Home