Apocalipse do porco

11 maio 2006

Non vai mal

Onte baixei o Live CD da rede e estiven probando o Linux.

Non podo contar moito, porque estiven navegando co firefox, como sempre, e pouco mais estiven probando, porque botaban Mujeres desesperadas na Fox e estiven vendo a serie co portatil diante.

Tiven o problema de que non podo acceder ós arquivos do disco duro, penso que é por estar a traballar co Live CD e as configuracións non quedan gardadas, que seica usa a RAM coma disco duro virtual.

Terei que afacerme un chisco o entorno e despois de escoitar algún podcast, como di Turuto, pensarei en formatear o portatil e cambiar de sistema.

Teño medo de ter algún problema ca instalación e quedar afonico un tempo, sen poder escribir no blogue.

Este post o fago desde un equipo Linux, o meu, ainda que sexa postizo.

1 Aportacións dos visitantes:

  • Podes indsatlar os dous sistemas operativos no mesmo equipo con un xestor de arranque, de tal xeito que poidas ter acceso os dous sistemas, con iso solucionas os problemas que se che poidan presentar.

    Bicos a todos

    Por Anonymous Anónimo, ás 12/5/06 14:04  

Enviar um comentário

<< Home


 
ecoestadistica.com