Vanilla Ice
Hai uns días puxen unha foto de Robert Van Winkle. Pensara que era moi doado, pero xa vexo que non.
Ninguén se achegou, nin sequera o tentou.
Este home marchou como chegou, ainda que segue a facer "música" agora seica vai de "ghevi" (vivir para ver).
Hai xa ben tempo vira un video deste home tarareando a parte do tema Ice Ice Baby que sampleara de Under Pressure de Queen tentando facer crer á xente que non era o mesmo.
Nunca vira algo tan patético, non tempos previos á rede un facía o ridículo e non estaba ó día seguinte no You Tube. Mellor para él, supoño.
5 Aportacións dos visitantes:
Non me fodas! Ese tío é Vanilla Ice (ou era)? Rematou tan mal coma o seu coetáneo MC Hammer?
Por Mr Tichborne, ás 30/3/06 00:17
Eu de musica e cantantes nin flores.
Estes dias que morreu Rocio Durcal andan os companheiros do choio preguntando se a conhecia e pouco menos que si eramos vecinhos.
Un saudo, home aranha.
Por acedre, ás 30/3/06 04:25
En unha das pelis das ¿Tartarugas? ninja facia a Banda Sonora.
Por zeke, ás 30/3/06 11:40
Me parece increible que non coñezades a este elemento, ice ice baby..... pero si nos petardearon con esa canción ata o aburrimento e un pouco mais.
A canción mais coñecida, estaba basada nun sampler dunha canción moi famosa, que neste intre non lembro, pero seguro que co nivel musical que visita este blog, alguén dará eesposta.
Saudiños a todos.
Por Anónimo, ás 30/3/06 18:55
Bueno, verei de recibir vinte latigazos, porque eu... coñecín antes o "Ice Ice Baby" de Vanilla Ice que o "Under Pressure" de Queen. En fín, eu era moi novo, non sabía o que facía... e todo iso. Coido que única a diferencia con Eminem (o segundo grande rapeiro blanco) está en que este aínda tivo mellor márketing.
Por Anónimo, ás 30/3/06 21:37
Enviar um comentário
<< Home