Apocalipse do porco

28 março 2006

Xornais dixitais

Recentemente, Vieiros introduciu unha nova ferramenta na súa páxina: pódese ler a edición dixital de:
-La Voz
-El Faro
-El Mundo
-El País
-La Razón
-La Vanguardia
-El Correo
-Libertad Digital
-Cinco Días

Ainda non entrei en todos estes xornais, pero seica hai unha revisión manual das traducións, pero de primeiro, doulle as grazas á xente de Vieiros e dimensiona, a empresa co desenrolou, polo traballo.

Digo isto ainda que xa coñecedes a miña opinión sobre as traducións automáticas, pero certamente é un tema que me atrae moito, e sempre que descubro algo novo boto unha ollada se teño tempo.
E, asumindo o risco de que aborrezades disto, vou deixar aquí unha foto que fixo un invitado á miña voda (en Modariz, para rematar a semán de festexos).
Ainda que na foto non aparece o texto orixinal (en castelán), podedes deducir que a tradución non era moi boa, só tendes que mirar o de maquina e maquine ou o de fallow. O peor de todo é que usaran esto comercialmente, ainda que normalmente sucede ó revés e temos que ler incomprensibles traducións ó castelán (normalmente o galego non aparece nin como opción). Habitualmente é mellor ler directamente inglés se hai un coñecemento ainda que sexa escaso.

Tamén a semán pasada contaronme dunha xente que tentou facer negocios cuns chineses usando un traductor automático inglés-chinés. "sorprendentemente" non chegaron a un acordo porque non foron que de explicarlle parte das condicións do acordo ós chineses. Non sei porqué sería.

Se tedes tempo e ganas de ler estes xornais xa me contaredes que vos parecen.

3 Aportacións dos visitantes:

  • Pois estan ben traducidos os periodicos eses.
    A tecnoloxia vai millorando que da gusto.
    Un saudo.

    Por Blogger acedre, ás 29/3/06 05:27  

  • Traductores automaticos no me convencen.
    Ummm por poner un ejemplo utilize el traductor de Google para la pagina de Peter David y no entendia nada.

    Por Blogger zeke, ás 29/3/06 12:28  

  • Noraboa por esa mención en vieiros....

    O que vale, vale

    Por Anonymous Anónimo, ás 29/3/06 21:23  

Enviar um comentário

<< Home


 
ecoestadistica.com