House
Hai na rede un ruxe-ruxe ca serie House, que podedes ver na Cuatroº ou na FOX.
Eu atópolle certa semellanza á persoaxe con Becker, outro doutor con bastante mala ostia, ainda que as dúas series son bastante diferentes (Becker era unha sit-com e House ven sendo un Colombo-médico que pasa o episodio buscando o "asasino") House é mellor porque os diálogos son boísimos. Ollade estas escolmas de frases da web de cuatroº.
Na web do gamberro Bonache atopo unha ligazón a esta web de fans brasileiras da serie que seica queren emparellar a House e a Cameron, ainda que sexa no nome da súa páxina.
¿Sabedes porque nos gusta House? Porque nos tamén quereríamos dicirlle á xente o que pensamos, pero non temos a ousadía de facelo. ¿Non pensades que é iso?

6 Aportacións dos visitantes:
claro Ghanito, estou de acordo... fíxate nunha cousa... o resto de personaxes que arrodean a House son áínda máis despreciables que House, aínda que a imaxe que se nos dá deles é moito máis amable... Cameron (odíoa!) é unha paiasa co carácter de mantequilla, o loiro é un chivato traidor, o afroamericano estivo no cárcere por non recordo que, o oncólogo engana á súa muller, etc etc... no fundo, House é o único que fai o que quere porque así lle apetece e que non ten nada que esconder diante dos demais...
por certo, os últimos capítulos de House... non tenden demasiado ao lacrimóxeno?
Por Anónimo, ás 15/5/06 10:19
Totalmente de acuerdo. ¿A quién no le conquista una persona demoledoramente sincera, que suelta la mejor barbaridad que se le ocurre en cada ocasión?
Lástima que en la vida real no se lleve (lo digo por experiencia...)
Por webmaster, ás 15/5/06 10:37
Agh, eu lle teño unha tirria ó loiro...
Levades conta das puncions lumbares que fixeron? Que non vos vacine House!
Por Anónimo, ás 15/5/06 19:31
a serie é caralluda, e que tódolos personaxes sexan infindamente desprezables fainos máis tenros e divertidos. Volve o antiheroe!
Por Mr Tichborne, ás 15/5/06 22:59
vaia ho! terei que vela logo, pra non quedar sen conversacion :)
apertas
Por Nemeth, ás 16/5/06 02:24
a min gustabame no papel de príncipe , con Rowan Atkinson , na vibora negra. semita
Por Anónimo, ás 16/5/06 21:31
Enviar um comentário
<< Home